O rato ilustrador

Imaxe
14 de Decembro 2024, 12:00
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés

Por Trinketrinke teatro

O rato Fuco, de camiño á Biblioteca, atopou unha caixa de lápises. Resulta unha estraña casualidade, porque xusto acaba de ler un conto titulado "Tomé e o lapis máxico". Será tamén máxico algún destes lápises que acaba de atopar? Poderá debuxar todo o que se lle ocurra?

Salón de actos 

Publico familiar a partir de 3 anos

Entrada libre ata completar a capacidade da sala