O Tesouro

Imaxe
28 de Marzo 2026, 12:00
Biblioteca Pública de Ourense

Espectáculo con Trécola Teatro

Achégate ao teatro da man de Trécola. 

Da man de dúas exploradoras que buscaban un tesouro fomos coñecendo  diferentes personaxes de contos coñecidos polo público como “Monstro rosa” ou “Vivan las uñas de colores”

Cada unha delas tiña un anaco dun mapa que ao unirse indicaba que o tesouro se atopaba en “Xalundres”. Ó remate da actividade descubrimos onde está ese misterioso lugar e o segredo do tesouro que contén.

Espectáculo para público familiar. 

Inscricións dende o venres 20 de marzo ás 9.00h, chamando aos números de teléfono 988 788 385 / 386 ou ben presencialmente.