O verme comellón

Imaxe
16 de Xaneiro 2026, 18:00
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés

A cargo de Ana Carreira

PRAZAS ESGOTADAS. FORMULARIO PECHADO.

Unha noite, sobre unha folla iluminada pola lúa, había un ovo.

Unha mañá ao levantarse o sol, cálido e resplandecente, saíu do ovo un verme con moita, moita, moitísima fame. E púxose a buscar que comer.

Público infantil de 0 a 3 anos con persoa adulta acompañante

Lugar: Bebeteca

Duración: 30 minutos

15 prazas

Inscrición previa a partir do 8 de xaneiro a través do formulario da nosa páxina web. Recibe o aviso a través do boletín de novas.

As prazas asignaranse por rigorosa orde de inscrición. No caso de ser seleccionado/a a biblioteca poñerase en contacto con vostede por correo electrónico uns días antes da actividade.