24 de Xaneiro 2026, 12:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Contacontos a cargo de Ubú Teatro
Desde pequeno, Sonólicus quere chegar á lúa. Busca no reflexo das pozas e dos espellos, sube ás caixas esmoreadas e aos tellados e tantos esforzos fai por conseguilo e tanto estira os brazos cara á lúa que lle medran ata a deformidade. O seu empeño semella unha fantasía infantil da que a nai é testemuña. Unha noite acaba de medrar e, non só acada o seu obxectivo de acompañar á lúa, senón que se converte para sempre no vixiante do sono e dos soños infantís.
No salón de actos. Para nenas e nenos de 3 a 8 anos. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.