24 de Outubro 2024, 12:15
Actividade do programa Ler Conta Moito con Alivavá
Texto de presentación da actividade
Tras unha charla sobre a incidencia dos plásticos no mediambiente, afondaremos neste problema a través dun obradoiro no que traballaremos con lixo mariño atopado na Costa da Morte, xa limpo e preparado, así como con pistolas de silicona e pinturas. Os/as participantes poderán desenvolver as súas habilidades creativas elaborando pezas artísticas, nun proceso de transformación do lixo en arte.
Público/s ao/aos que vai dirixido
- Público infantil (a partir dos 7 anos)
Duración
120 minutos
Sesións
- Sesión única: 24/10/2024 - 12:15
Lugar de celebración
Biblioteca do CEIP de San Ramón de Moeche (A Coruña)