Obradoiro de adornos de Nadal

Imaxe
15 de Decembro 2023, 18:00
Biblioteca Pública de Lugo

A cargo de Sara Cruz

Nesta xornada os asistentes realizarán pequenos adornos de Nadal para colgar na árbore ou colocar pola casa.

Empregando pinturas e material reciclado poderán crear obxectos de utilidade dende cero, sen ter que mercar nada, aproveitando materiais que podemos atopar nas casas.

Duración: 60 minutos

Para nenos e nenas de 6 a 12 anos (15 prazas)

Ludoteca

Inscripción previa desde o luns anterior á actividade na sala infantil ou no teléfono 982828329