Obradoiro de bordado fotográfico en papel

Imaxe
17 de Decembro 2025, 17:30
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal

Lúa Mosquetera

Celebramos o Día da edición, que conmemora o aniversario do nacemento de Ánxel Casal, con este obradoiro da man de Lúa Mosquetera, creadora dun clube de bordado na Coruña e doutro en Compostela dende o ano 2016. 

O bordado fotográfico axúdanos a reformular o pasado e xogar co presente. Neste obradoiro aprenderemos distintas puntadas de bordado sobre papel fotográfico e  veremos as posibilidades creativas dos retratos e as paisaxes.

Non fai falla ningunha experiencia previa e todos os materiais están incluidos! 

Dirixido a público adulto. Hai 15 prazas dispoñibles. As persoas interesadas poden retirar a invitación no mostrador de Información da biblioteca dende 30 minutos antes do comezo da actividade. 

No salón de actos. A duración aproximada é de 2 horas e 30 minutos.