Obradoiro de cómic

Imaxe
13 de Marzo 2026, 17:30
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola

Neste curso aprenderás paso a paso a inventar unha historia, crear personaxes con expresións divertidas, debuxar escenas e ordenar as viñetas para que a historia se entenda e enganche. Un taller práctico e creativo no que levarás para casa moitos trucos para facer cómics… e moitas ganas de seguir debuxando.

Data e hora: venres 13 de marzo ás 17.30 h.

Público destinatario: infantil, de 8 a 12 anos

Inscrición previa na web da biblioteca a partir do mércores 4 de marzo, ás 09.00 h.