Obradoiro de introducción á Historia da Arte

Imaxe
08 de Setembro 2026 - 17 de Xuño 2027, 16:15 - 18:30
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola

Descubre unha nova forma de mirar e entender o mundo

Descubre unha nova forma de mirar e entender o mundo co Obradoiro de iniciación á Historia da Arte, impartido por Pablo Barreiro (exprofesor do IES Valle Inclán e  especialista en Arte Moderna e Contemporánea, tamén foi  colaborador da revista Cedofeita, de La Voz de Galicia e dos Centros de Formación do Profesorado de Pontevedra e Lalín).

A arte non é un luxo, é unha necesidade humana fundamental que nos acompaña desde as orixes da civilización. Trala súa excelente acollida anterior na Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal, esta iniciativa chega agora á Biblioteca Pública de Pontevedra para ofrecernos as claves coas que analizar e desfrutar das obras artísticas máis alá da superficie e comprender que hai detrás de cada creación, sempre a través dun enfoque dinámico e accesible.

Unha oportunidade perfecta para adestrar a mirada, espertar o sentido crítico e gozar da arte como unha expresión intelixente e viva.

Xoves de 17.30 a 18:30 no salón de actos da bibliotecas dende o 8 de outubro  ao 17 de xuño.

Con Inscrición preiva a partir do 14 de setembro de 2026 ás 09:00 h na web da biblioteca.

Documentación