Obradoiro de máscaras de refugallo

Imaxe
26 de Febreiro 2025, 18:30
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal

A cargo de O Faiado de Nin

Celebramos o Entroido cun obradoiro de máscaras de refugallo. Queres facer unha máscara para este Entroido? Neste obradoiro elaboraremos máscaras partindo de material de refugallo como cartóns, cintas, teas, las, recortes... e darémoslles un toque persoal con pinturas e apliques.

Enche de cor este Entroido con estas orixinais máscaras. Podes facelas seguindo o teu propio deseño e converterte na personaxe que elixas.

Na sala infantil. Para 12 nenas e nenos de 6 a 12 anos. As persoas interesadas poden achegarse á biblioteca dende 30 min antes do comezo da actividade.