17 de Decembro 2025, 18:30
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
O Faiado de Nin
Partindo dunha culler de pau, as nenas e nenos elaborarán varios modelos das personaxes fundamentais do Nadal, Apalpadores e Apalpadoras. Empregando las, teas, feltros, limpa pipas, apliques e cintas cada participante personalizará as súas figuras.
Dirixido a nenas e nenos de 6 a 12 anos. Hai 12 prazas.
Na sala infantil da biblioteca.
As persoas interesadas poden recoller a entrada no mostrador de información dende 30 min antes do comezo da actividade.