Observación do ceo nocturno con telescopio

Imaxe
24 de Febreiro 2026, 19:30
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal

A cargo do Observatorio Astronómico Ramón María Aller

Observación do ceo nocturno con telescopio realizado polo Observatorio Astronómico Ramón María Aller da Universidade de Santiago de Compostela (se as condicións meteorolóxicas non acompañan, trasladarase a outro día). A actividade iniciarase ás 19.30h no salón de actos cunha breve explicación sobre o que as persoas participantes van poder avistar. A continuación, iniciarase no exterior da biblioteca a observación dos astros a través do telescopio, cunha duración aproximada dunha hora.

As persoas interesadas poden retirar a invitación no mostrador de Información da biblioteca dende 30 minutos antes do comezo da actividade. O número máximo de participantes é de 25.