A cargo do Observatorio Astronómico Ramón María Aller da Universidade de Santiago de Compostela
Asomaremos a mirada ao universo. Cun telescopio portátil do Observatorio Astronómico Ramón María Aller, observaremos varios obxectos de interese: a Lúa, Saturno e unha estrela dobre.
A actividade iniciarase ás 20.00h no salón de actos cunha breve explicación sobre o que as persoas participantes van poder avistar. A continuación, iniciarase no exterior da biblioteca a observación dos astros a través do telescopio, cunha duración aproximada dunha hora.
O número máximo de participantes é de 25. As persoas interesadas poderán recoller a invitación no mostrador de Información da biblioteca a partir das 18.00h.
Nota: Se as condicións meteorolóxicas non acompañan, trasladarase a outro día.