Ocio estival

Imaxe
15 de Xuño - 16 de Setembro 2023, 8:30 - 21:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal

Mostra bibliográfica

Ao chegar o verán os días son máis longos e temos moito máis tempo para desfrutar dos nosos pasatempos favoritos ou para descubrir novas afeccións.

Desde a Biblioteca Ánxel Casal preparamos esta mostra bibliográfica con propostas moi variadas para aproveitar o tempo libre. Desde deporte e viaxes ata actividades máis creativas como os bordados ou a pintura.

Pode visitarse no terceiro andar do 15 ao 30 de xuño e do 1 ao 16 de setembro no horario de apertura da biblioteca.

E durante os meses de xullo e agosto pode visitarse no vestíbulo no horario de verán da biblioteca.