Olimpada tecnolóxica Autos tolos

Imaxe
21 de Novembro 2025, 18:00
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola

Os nenos e nenas participantes nestas olimpiada deseñarán un coche con pezas de lego, motor incluído, para logo facer carreiras e programalo. Con esa actividade foméntase a creatividade xa que non se  esquecen de porlle adornos aos vehículos con bandeiras e bonecos.

Data e hora: venres 21 de novembro ás 18.00 h.

Público destinatario: 9 a 14 anos

Inscrición previa na web da biblioteca a partir do 12 de novembro ás 9.00 h.