Mostra bibliográfica
A SELIC (Semana do Libro de Compostela) nace no ano 2017 coa vontade de converterse nunha semana de celebración ao redor do libro, con actividades que inviten á participación de toda a familia. Entre as actividades habituais da SELIC realízanse presentación de libros, firmas de exemplares, visitas guiadas pola cidade, espectáculos infantís, actuacións musicais, mesas redondas ou obradoiros.
A edición de 2023 desenvólvese na praza da Quintana do 9 ao 18 de xuño e conta coa presenza de 14 editoras, 7 librarías e 4 institucións. Como novidade este ano estréase a sección SELIC Criminal que nace coa vontade de converterse en referencia da novela negra a nivel ibérico.
A mostra bibliográfica "Os libros da SELIC 2023", que pode visitarse na noso vestíbulo no horario de apertura da biblioteca, é unha selección dos libros que van ser os protagonistas da presente edición nas presentacións, dramatizacións e roteiros que conforman o programa.