Elisa séntese pouco valorada na súa familia por ser nena. Ela quere expresarse a través da arte e contar contos, pero precisa dunha dose de confianza en si mesma. Un día o seu amigo Ulrich convídaa a ir xuntos a unha curiosa biblioteca. Como o rapaz tarda en chegar, ela decide entrar soa, e dentro descobre a alguén moi especial, o Biblioquetario. Coa súa imaxinación e a axuda deste pequeno personaxe irá decatándose pouco a pouco da súa capacidade de contar. Un conto lido, outro contado e outros dos participativos. Historias dentro da súa historia, coa igualdade, o poder persoal e o entusiasmo como fío condutor. Elisa anímanos e demóstranos que tod@s somos capaces e creador@s das nosas vidas.
Data e hora: venres 5 de abril ás 18:00 horas
Público destinatario: Familiar, a partir de 3 anos
Sen inscrición previa, ata completar aforo da sala