05 de Abril 2024, 18:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Contacontos para bebés da man de Ana Carreira
Porquiño acaba de nacer. Aínda que ao principio só lle interesa comer e durmir, pouco a pouco vai descubrindo o mundo que o rodea. Pero como é despistado ás veces pérdese e coñece outros lugares.
No salón de actos. Dirixido a nenas e nenos de 0 a 3 anos. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.