Palabras ao aire

Imaxe
07 de Febreiro 2025, 18:00
Biblioteca Pública de Lugo

A cargo de Artear

A lectura en voz alta é unha ferramenta fundamental no desenvolvemento educativo dos nenos e nenas, xa que non só fomenta a comprensión lectora, senón que tamén estimula a imaxinación e a creatividade.

Para iso, empregaremos como estratexia práctica o xogo dramático para poder transformar este proceso nunha experiencia de aprendizaxe lúdica e eficaz.

Para nenos/as de 6 a 12 anos (15 prazas)

Duración: 60 minutos

Horario: 18:00 h.

Ludoteca

Inscrición previa desde o luns anterior na sala infantil ou no teléfono 982828329