Pensamento sustentable: electricidade, ciencia, deseño e impresión 3D

Imaxe
16 de Novembro 2023, 18:30
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal

Obradoiro de Vermislab

Neste obradoiro as nenas e nenos participantes descubrirán que teñen en común as patacas, a ciencia e a electricidade co mundo das impresoras 3D. Todo isto a través de varios experimentos.

No salón de actos da biblioteca. Dirixido a nenas e nenos de 8 a 12 anos. Hai 20 prazas dispoñibles.

Para participar é preciso recoller unha invitación no mostrador de información da biblioteca dende 30 minutos antes do comezo da actividade.

Esta actividade forma parte do Plan Corresponsables, financiado polo Ministerio de Igualdad (Gobierno de España) e está dirixida a familias monoparentais, vítimas de violencia de xénero ou outras formas de violencia contra a muller, mulleres en situación de desemprego de longa duración, mulleres maiores de 45 anos ou calquera outra unidade familiar con necesidades en materia de coidados de nenas e nenos.