Periplo atlántico

Imaxe
30 de Xaneiro 2026, 18:00
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés

A cargo de Polo Correo do Vento

Contaconto ilustrado e musicado e obradoiro de debuxo. Panchito é o único pingüín que vive na Coruña, aínda que é feliz e ten moitas amizades decide marchar á Antártida. 

Realizarase unha versión (moi libre) do Panchito de Castelao, buscando en todo momento a conexión coas crianzas e as persoas maiores que as acompañen, se puidese ser recoméndase que asistan as avoas ou os avós. Máis tarde faremos un obradoiro de debuxo, no que seguindo as indicacións do ilustrador... nenas, nenos e maiores debuxarán unha caricatura do protagonista da historia. 

Aventuras, viaxes, perigos, literatura, risas e moito amor. 

Público familiar a partir de 4 anos. 

Salón de actos. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.