13 de Abril 2024, 12:00
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel
Anxo Moure
Anxo Moure transfórmase nun vello home lobo da Serra do Faro, no centro de Galicia, para levar ás nenas e nenos da biblioteca ate o mundo da fauna e da flora dos parques naturais de Galicia nunha aposta polo coñecemento da contorna.
Este espectáculo promove o que deben facer as máis pequenas e pequenos no seu día a día para salvar o bosque dos contos.
Idade: de 4 anos en adiante.
Duración: 45 minutos.
Reserva de praza na biblioteca ou no teléfono 886 120 445 a propia semana da actividade.