Pirula e o misterio das abellas

Imaxe
18 de Maio 2024, 12:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal

Celebramos o Día Mundial da abella

Contacontos e obradoiro de chapas da man da Compañía Garabullos

Obra de monicreques para reflexionar sobre a importancia dos polinizadores no noso ecosistema. Grazas a esta divertida e educativa historia, descubriremos a necesidade de coidar aos nosos amigos os insectos. E para completar a experiencia, tras a función desfrutaremos dun obradoiro onde poderás aprender máis sobre a temática da obra de forma amena e entretida.

No salón de actos. Actividade para público familiar. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.