A Pita Xefa

Imaxe
25 de Abril 2025, 18:00
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés

Día do libro

Unha pequena pita cun soño pode facer moitas cousas: salto de lonxitude, bailar claqué... pero, sobre todo, pode conseguir o máis importante: mudar as normas do galiñeiro!

Títeres Alakrán adapta ao teatro de monicreques a premiada e orixinal historia de Marta Lado, A Pita Xefa, editada por Baía Edicións, que anima a cuestionarse dun xeito divertido os esquemas sexistas dominantes.

Público familiar a partir de 3 anos

Salón de actos

Entrada libre ata completar a capacidade da sala