01 de Xullo - 30 de Agosto 2024, 9:00 - 14:30
ENSAIO DUN CLUB DE LECTURA
O verán é o momento de ter tempo para ler aquel libro que non puideches ler durante o curso. Este plan vai un pouco máis aló desa idea.
Ofrecemos varios títulos en exemplares múltiplos (10+1) para rapazas e rapaces de 11/12 anos en adiante.
Tes unha cuadrilla de amigas que van pasar o verán en Lugo?
A case todas/os vos gusta ler?
Que vos parecería ler o mesmo título e despois poñer as vosas conclusión en común? Xusto así é como funciona un club de lectura!!!
Unha persoa do grupo ten que facer de moderadora e tamén terá que ter lido o libro.
Unha forma diferente de ler que nos axuda a comprender as nosas lecturas de xeito diferente porque aporta a visión de cada un dos integrantes do grupo.