05 de Novembro 2026, 18:00
Actividade do Grupo de Estudos en Traballo Social: Investigación e Transferencia (GETS-IT) da Facultade de Educación e Traballo Social do Campus de Ourense.
Nesta actividade abordarase a importancia de incorporar unha perspectiva de xénero interseccional ás campañas de sensibilización e prevención da violencia machista.
Para iso, partirase da explicación de diferentes conceptos clave e realizarase unha dinámica participativa na que o público analizará de forma crítica unha campaña, identificando os discursos, representacións, estereotipos e posibles desigualdades presentes nela.
Público adulto. 40 prazas. Aberta hasta completar aforo.