A cargo de Ana Carreira
Porquiño emprende a súa primeira gran viaxe: vai ver o mar.
Polo camiño, descobre novas cores, sons e movementos, e alí entre as ondas e a area fai amizade con novos amigos cos que xogar, cantar e bailar. Xuntos viven pequenas aventuras cheas de ritmo e tenrura ata que, case sen buscalo, atopan un tesouro moi especial.
Espectáculo pensado para bebés, onde as palabras, a música e o movemento os invitan a explorar o mundo e compartir a alegría do descubrimento.
Público infantil de 0 a 3 anos con persoa adulta acompañante
Lugar: Bebeteca
Duración: 30 minutos
15 prazas
Inscrición previa a partir do 29 de outubro ás 8:30 h. a través do formulario da nosa páxina web. Recibe o aviso a través do boletín de novas.
As prazas asignaranse por rigorosa orde de inscrición. No caso de ser seleccionado/a a biblioteca poñerase en contacto con vostede por correo electrónico uns días antes da actividade.