Porquiño vai ao mar

Imaxe
12 de Novembro 2026, 18:00
Biblioteca Pública de Ourense

Bebeconto con Ana Carreira

Porquiño emprende a súa primeira gran viaxe: vai ver o mar. Polo camiño, descobre novas cores, sons e movementos, e alí entre as ondas e a area fai amizade con novos amigos cos que xogar, cantar e bailar. Xuntos viven pequenas aventuras cheas de ritmo e tenrura ata que, case sen buscalo, atopan un tesouro moi especial.

Espectáculo pensado para bebés (de 1 a 3 anos acompañados dunha persoa adulta), onde as palabras, a música e o movemento os invitan a explorar o mundo e compartir a alegría do descubrimento.

Inscrición dende o venres anterior ben presencialmente ou chamando a partir das 9h aos números de teléfono: 988 788 385 / 386.

Só se poden reservar 2 prazas por chamada.

Duración: 30 minutos.