Postais con sementes: un agasallo consciente para o Nadal

Imaxe
22 de Decembro 2025, 18:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal

Obradoiro con Árbore azul

Neste obradoiro a rapazada creará postais de Nadal empregando papel con sementes, da man de Árbore azul.

Decorarán as súas tarxetas e enviarán bos desexos ás familias e amizades ao mesmo tempo que fan un agasallo que non contamina e respecta a natureza.

Dirixido a nenas e nenos de 4 a 8 anos. Hai 15 prazas.

No salón de actos. As persoas interesadas poden retirar a invitación no mostrador de Información da biblioteca dende 30 minutos antes do comezo da actividade.