Premio Nacional do Cómic 2026

Imaxe
01 de Setembro - 03 de Outubro 2026, 10:30 - 14:00
Biblioteca Pública de Ourense

Mostra bibliográfica

O Premio Nacional do Cómic convocouse por primeira vez no ano 2007, co obxectivo de salientar unha obra destacada de creadores ou creadoras de cómic españois, entre as editadas por primeira vez no noso país o ano anterior.

Este galardón fállase cada ano entre setembro e outubro. Nesta ocasión, quixemos adiantarnos e propuxémoslles ás persoas integrantes do club de lectura de cómic un xogo: que votaran as súas obras favoritas para o premio.

A través desta mostra bibliográfica ofrecemos unha selección de obras da nosa comicteca que entrarían a competir no premio, xunto cos votos outorgados pola xente do club ás que máis lles gustaron.

Acertaremos na nosa predicción? Cal será a obra gañadora? Saberémolo moi pronto.