19 de Xaneiro 2024, 19:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Fanzine de Paula López
A biblioteca cede o espazo para a presentación do fanzine Ultra girly horror I de Paula López, obra autoeditada que contén historias de terror e humor negro desde a perspectiva dunha rapaza soa nun mundo moi hostil.
Este fanzine realizouse nun contexto terapéutico, por iso o tema principal é a saúde mental. Tratada desde a primeira persoa, sempre en clave de humor pero sen esquecer a súa importancia.
No salón de actos. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.