Presentación do libro "A agonía das folerpas"

Imaxe
06 de Setembro 2025, 11:00
Porta do Xurés do Concello de Muíños

A agonía das folerpas é a primeira novela de Óscar Reboiras, coa que gañou o Premio de Novela Galicia Rural 2022.

A aldea de Salgueiro leva décadas abandonada.

A súa propietaria, a Xunta de Galicia, decide convertela nun complexo turístico. En pleno Parque Natural do Xurés, e afastada de todo, é o enclave ideal para descansar. Ou para que un asasino en serie enterre as súas vítimas…

Esta actividade é especialmente emocionante por poder contar co autor dunha novela ambientada nun lugar dun dos concellos polos que viaxa a nosa Furgoteca.

Ao remate da presentación, realizaremos unha visita á aldea medoambiental de Salgueiro.

As persoas que queiran asistir á visita a Salgueiro deberán desprazarse, dende Mugueimes a Salgueiro, no seu medio de transporte particular. Para participar nesta actividade, non será necesario pedir autorización de maneira individual ao Parque Natural. 

Trátase dunha actividade aberta a tódolos públicos, agardámoste!





DATA: 6/09/2025



HORA: 11:00H



LUGAR: Porta do Xurés do Concello de Muíños