Presentación do libro "Al partir, un beso y una flor"

Imaxe
05 de Decembro 2025, 19:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal

Manuel Alonso Bernabéu e Adrián Alonso Fonseca

Cedemos o salón de actos da biblioteca para a presentación do libro de poemas "Al partir, un beso y una flor", escrito por Manuel Alonso Bernabéu e o seu neto, Adrián Alonso Fonseca.

Unha obra que une xeracións e que invita a deter o tempo, sentir e reflexionar a través de versos cheos de sensibilidade, valores familiares e espiritualidade.

A presentación será unha ocasión especial para coñecer a historia que deu orixe ao proxecto, descubrir o proceso creativo e gozar dunha lectura que celebra a unión entre tradición, agarimo e crecemento interior.

No salón de actos. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.