Presentación do libro “Mundanal ruido. Poemas para un tiempo revuelto” de R. R. Dapena

Imaxe
26 de Abril 2024, 19:00
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel

Mundanal ruído, poemas para un tempo revolto é unha obra que plasma a realidade desta vida observable. Ás claras. De como tentamos ser felices e abundantes, moitas veces seguindo pautas e dogmas preestablecidos. Da concepción da vida en sociedade. Do persoal. E tamén da túa liberdade. De revalorizarse, de transformarse.

Unha proclama tamén ao paso do tempo e a esta existencia, ata a mesmísima morte.

Pensamentos e poemas de rima curiosa e rápida lectura que profundan en distintos momentos da vida a medida que ti avanzas o libro. Unha pequena gran reivindicación, querido lector, se todos estamos a formar parte deste mundo, co seu mundanal ruído.

Venres 26 de abril, ás 19.00 na sala multiusos (2ª planta).

Entrada libre ata completar a capacidade da sala.