Presentación do libro Vrao

Imaxe
06 de Setembro 2024, 19:30
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola

O venres día 6 de setembro ás 19:30h, a Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola ten o pracer de acoller a presentación do novo libro de Lois Alcayde Dans, escritor, investigador e xornalista galego. Acompañando ao autor estará o crítico literario, investigador e profesor Armando Requeixo. 

Vrao, editado por Galaxia e con ilustracións de Lucía Escrigas, é o segundo poemario do autor, que el mesmo define como "un libro para a infancia de todas as idades sobre unha estación na que cambia todo".

Non dubidedes en vir!