A biblioteca cede o espazo para a presentación do poemario La muerte de Alicia (o el ocaso) de Ana Valín García.
Dende os cinco años, a autora ten estado ligada á escritura como recurso catártico para recoñecerse a si mesma e relacionarse co mundo. Ana estuda xornalismo nun intento precisamente de manterse en contacto coas palabras e traballa en diversos medios de comunicación coma xornais locais, axencias de noticias e gabinetes de comunicación. Ana abandona este camiño e estuda Maxisterio. En 2016 nace Grecia, a súa primeira filla, sufrindo a primeira depresión postparto e no 2021 é nai de Leo, pasando desafortunadamente polo mesmo trance. Resultado deste episodio xorde este poemario como proposta de redención. En 2018 Ana tamén publica a súa novela xuvenil El Vals de las hormigas, nun intento de explicar mediante a ficción a súa propioa autobiografía.
O poemario La muerte de Alicia (o el ocaso) pretende ser unha homenaxe á obra de Lewis Carroll, Alicia no País das Marabillas, como recoñecemento de que medrar e deixar pasar o tempo sempre é necesario. Neste poemario atopamos versos que renden tributo á cuestións tan humanas como o amor, o desamor, o paso do tempo e a maternidade vinculándose todos estes por este motivo coa biografía da autora.
A linguaxe do texto é sinxela e directa, contando sentimentos e pareceres sen tapuxos. Xunto a todo isto desvélanse tamén algúns poemas que fan referencia á importancia da escritura na vida de Ana.
No salón de actos. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.