30 de Outubro 2025, 18:30
      
  Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
      
  Contacontos a cargo de Ramiro Neira
O Samaín en Galicia é unha celebración estreitamente relacionada co Día dos Defuntos e co magosto. Está baseada na tradición de tallar cabazas o Día de Defuntos que eran deixadas nos camiños para asustar aos viandantes.
Tradicionalmente, tamén era habitual que a mesa non se recollese despois de cear por se as ánimas dos defuntos acudían de visita durante a noite. Ademais, deixábase o lume aceso para que non pasasen frío… E arredor dese lume contábanse historias de medo… Queres escoitalas?
No salón de actos. Para nenas e nenos de 3 a 8 anos. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.
 
 
   
   
  