22 de Maio 2026, 18:00
A cargo de Iván Davila
Contos para os máis cativos, onde a través de estímulos visuais, auditivos e espaciais, se mergullarán en historias de simpáticos personaxes que, coma eles, están a descubrir o mundo que os rodea.
Público infantil de 0 a 3 anos con persoa adulta acompañante
Lugar: Bebeteca
Duración: 30 minutos
15 prazas
Inscrición previa a partir do 14 de maio ás 8:30 h. a través do formulario da nosa páxina web. Recibe o aviso a través do boletín de novas.
As prazas asignaranse por rigorosa orde de inscrición. No caso de ser seleccionado/a a biblioteca poñerase en contacto con vostede por correo electrónico uns días antes da actividade.