Robótica creativa

Imaxe
14 - 31 de Xullo 2025, 10:00
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola

Os participantes aprenderán nocións básicas de programación, robótica, tecnoloxía e electricidade desenvolvendo un proxecto creativo que poderán levar para as súas casas.

Actividades:

-Programación: LEGO (EV3, Spike), microbit, Sphero e Scratch.

-Electrónica: Arduino e circuitos básicos…

-Control de sensores e actuadores

Proxectos:

1. “Autos tolos”: fabricarán o seu primeiro coche eléctrico, que poderán levar a casa.

2. “Figuras luminosas”: deseñarán un circuito con pila, interruptor e led como lanterna.



Público destinatario: infantil e xuvenil, de 9 a 16 anos (15 prazas)

Data e hora : do 14 de xullo ao 1 de agosto de 10.00-13.00 h.

Inscrición previa na web da biblioteca  a partir do martes 17 de xuño.