Rosa non é unha cor

Imaxe
09 de Marzo 2024, 12:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal

Contacontos a cargo de Cris de Caldas

A cor rosa non é cor de nenas nin a cor azul é de nenos. As cores, cores son. Ao igual que os xoguetes, os contos e a vida enteira. Sesión de contos onde destaca a igualdade, o pacifismo e o humor de tal xeito que invita á reflexión sen aburrimento.

No salón de actos. Para nenas e nenos de 3 a 8 anos. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.