18 de Xuño 2024, 18:30
Biblioteca Pública Municipal de Cela
Actividade do programa Ler Conta Moito con Jara Ortiz
Texto de presentación da actividade
Neste obradoiro musical coñeceremos algúns dos poemas de Rosalía de Castro, ela tamén era música!
Creaba as súas propias composicións e inspirábase na música popular e tradicional para facer as súas obras.
Aprenderemos a procedencia dos diferentes ritmos da nosa música tradicional a través da pandeireta. As cantigas interpretadas serán poemas de Rosalía de Castro adaptados por Jara Ortiz.
Público/s ao/aos que vai dirixido
- Público infantil (6-12 anos)
Duración
45 minutos
Sesións
- Sesión única: 18/06/2024 - 18:30
Lugar de celebración
Biblioteca de Cela. Igrexario nº 1. 36937 Parroquia de Cela (Bueu). Pontevedra