30 de Marzo 2024, 12:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Contacontos da man de Tarabelos
Celebramos o Día do Teatro co contacontos Sabela e o paxaro máxico da man de Tarabelos. Adaptación con monicreques dun conto popular galego que mostra as penurias dunha pobre nena que habita nun precioso castelo nas terras galegas. Aínda que este conto da formación Tarabelos cheira a princesas, Sabela non o é.
Espectáculo de monicreques para que, desde ben novas, as cativas e os cativos aprendan a rachar cos estereotipos.
No salón de actos. Para nenas e nenos de 3 a 8 anos. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.