SELIC 2023

Imaxe
09 - 18 de Xuño 2023, 17:00 - 21:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal

Organizada polo Concello de Santiago e a Mesa do Libro de Compostela

A Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal participa na Semana do Libro de Compostela, organizada polo Concello de Santiago e a Mesa do Libro de Compostela, que se celebrará na emblemática Praza da Quintana desde o día 9 ata o 18 de xuño.

Este será o noso horario de atención ao público: de luns a venres de 17.00 a 21.00h. Os sábados e domingos será de 11.30 a 14:00 e de 17.00 a 21.00h.

Todas as persoas que se acheguen á SELIC poderán coñecer a colección da biblioteca a través dunha pequena representación dos seus fondos, constituída por libros, revistas e audiovisuais. As persoas asistentes terán a oportunidade de consultar estes materiais e obter información sobre os seus servizos: actividades culturais (contacontos, obradoiros, concertos...), clubs de lectura, "biblioteca accesible", consulta de Internet, préstamo de portátiles, de tabletas, etc. No propio posto se facilitarán os trámites para facerse socio ou socia (impresos, realización de fotografías tamaño carné no acto) e as novas lectoras e lectores poderán recoller a tarxeta na biblioteca.