Sentindo emocións

Imaxe
06 de Abril 2024, 12:00
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel

Tania Justo

Cantacontos infantil baseado no libro “O monstro de cores” no que coñecemos as emocións básicas como a alegría, tristeza, ira, medo e a calma a través dos diferentes sentidos como son a vista, o tacto e o oído, pois todas van sempre acompañadas de música, quen concibe as emocións sen música?

As cores, as texturas e diferentes cancións irannos descubrindo as diferentes emocións neste concerto interactivo no que o público forma parte do conto.

Idade: de 4 anos en adiante.

Duración: 45 minutos.

Reserva de praza na biblioteca ou no teléfono 886 120 445 a propia semana da actividade.