Sesión de xogos de mesa no Espazo Xove - 19 de novembro

Imaxe
19 de Novembro 2026, 11:00 - 12:30
Biblioteca Pública de Ourense

A partir de 60 anos

A división da Asociación Americana de Bibliotecas (ALA) adicada á promoción do xogo, celebra en novembro o mes internacional dos xogos. O seu obxectivo é reconectar comunidades, coa implicación das bibliotecas, grazas ao valor educacional, recreativo e social de todo tipo de xogos, tanto de mesa como videoxogos.

Dende a biblioteca, convocamos este mes, xunto coas sesións mensuais habituais de sábado e de mércores, dúas sesións extraordinarias dirixidas a que persoas de máis de 60 anos saian da súa zona de confort e aprendan a xogar a algúns dos xogos de mesa máis populares dos últimos anos.

Segunda sesión o xoves 19 de novembro, en horario de mañá, de 11:00 a 12:30, na sala xuvenil.

Inscricións dende o venres anterior á actividade, 13 de novembro, na biblioteca ou chamando aos teléfonos 988 78 83 85 e 988 78 83 86.