18 de Abril 2026, 12:00
A cargo de Paco Nogueiras
Amigas e amigos, SON ANIMAL.
SON un deses animais de dúas patas, ao que lle gusta cantar, bailar, brincar, ler libros, viaxar, falar e rir con amigos... ANIMAL humano, vaia.
Os SONS dos ANIMAIS conforman unha banda sonora e unha sinfonía moi especial na miña vida. Problablemente para vós tamén. E se non é así, seguro que non lonxe da vosa casa hai lugares onde aínda podedes escoitar eses SONS tan especiais. O auténtico... SON ANIMAL!
E se hai SON... hai canción. Aquí van unhas cantas!
Duración: 55 minutos
Público familiar a partir de 4 anos
Salón de actos
Entrada libre ata completar a capacidade da sala