27 de Abril 2024, 12:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Contacontos a cargo de A Xanela do Maxín
Celebramos o Día do Libro co contacontos “Sorpresa!” da man de A Xanela do Maxín. Caixas sorpresa cheas de historias, aventuras e fantasía! Contos e relatos empaquetados de agarimo. Cada caixa é única e especial e farémonos moitas preguntas para intentar descubrir o seu contido, utilizando a imaxinación e creando, case sen querelo, personaxes fantásticos e historias incribles. E cando se abran as caixas revelarase o que realmente agochan no seu interior. Parécese ao que imaxinamos? Non? Cantos contos caben nelas? E na nosa cabeza?
No salón de actos. Para nenas e nenos de 3 a 8 anos. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.