Sucedeu no verán

Imaxe
15 de Xuño - 16 de Setembro 2023, 8:30 - 21:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal

Mostra bibliográfica

Sabiades que o Departamento de Xustiza dos Estados Unidos afirma que hai unha correlación entre o verán e as elevadas temperaturas e o aumento da criminalidade? Se cadra por iso tantos thrillers suceden na estación estival.

Na Biblioteca Ánxel Casal fixemos unha selección de libros, banda deseñada e películas con temática veraniega nos que a intriga ocupa unha posición privilexiada. Mais aquelas persoas quen non sodes partidarias deste xénero non tendes nada que temer: tamén atoparedes romances de verán, retornos ao fogar e moitas aventuras máis. Tentamos incluir algo para todas e todos vós, así que non dubidedes en achegarvos ao segundo andar entre o 15 de xuño e o 16 de setembro no horario de apertura da biblioteca.

A calor lévase mellor na compaña dunha boa historia!