Super heroínas e super heroes: creación dun conto ilustrado

Imaxe
08 de Novembro 2023, 18:30
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal

Obradoiro con O Faiado de Nin

Obradoiro no que cada participante converterase nunha súper heroína ou nun súper heroe, decidirá cales son os seus poderes e escribirá unha historia na que poderá axudar a mellorar o mundo ou a súa contorna.

Usaremos o formato conto de cartolina xa montado, e as pequenas e pequenos participantes ilustrarán a súa historia, a portada, a contraportada...

Na sala infantil. Dirixido a nenas e nenos de 6 a 12 anos. Hai 12 prazas dispoñibles.

As persoas interesadas poden recoller a invitación no mostrador de información da biblioteca desde 30 minutos antes do comezo da actividade.

Esta actividade forma parte do Plan Corresponsables, financiado polo Ministerio de Igualdad (Gobierno de España) e está dirixida a familias monoparentais, vítimas de violencia de xénero ou outras formas de violencia contra a muller, mulleres en situación de desemprego de longa duración, mulleres maiores de 45 anos ou calquera outra unidade familiar con necesidades en materia de coidados de nenas e nenos.