Tilín talán contos de Nadal

Imaxe
19 de Decembro 2025, 17:00
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola

Contos para bebés

Tilín tilán contos de Nadal é unha actividade na que os bebés compartirán con aqueles que os coidan e os educan un momento de pracer, lonxe do ruído e os quefaceres cotiáns; espertando xa nos seus primeiros anos de vida un interese pola literatura, a música e a tradición oral.

 

Data e hora: venres 19 de decembro ás 17.00 h.

Público destinatario: bebés, de 0 a 3 anos.

Inscrición previa na web da biblioteca a partir do mércores 10 de decembro ás 09.00 h.